jueves, 27 de diciembre de 2012

Mozas de gala

Hoxe tamén vos quero propoñer dúas camisetas para mozas. Nelas pódense observar  unha moza ataviada cun traxe tradicional galego que se pode enmarcar dentro da categoría de gala.
No primeiro caso  pódese observar unha moza que leva refaixo de cor verde, mandil negro de veludo e decorado cunhas boliñas negras e puntilla negra. De parte de arriba leva un xubón negro feito con feltro negro. A puntilla que se pode ver nos puños e pescozo da  camisa é encaixe de Camariñas. Como xoias, leva aderezo dourados.







No segundo caso a moza leva refaixo ocre decorado cunha cinta de veludo negro acompañado dun mandil igual que na moza anterior. De parte de arriba leva un xustillo de brocado negro xunto cun pano vermello (imitando un pano de Marrocos) e como característica principal leva uns manguitos e negro con vivo dourado. A camisa é de algodón branco e leva entredous de puntilla. Os aderezos son dourados.




Tamboril e Acordeón

Despois de moito tempo…estou aquí de novo para subirvos novas propostas de camisetas.
Continuando ca entrada anterior quero ensinarvos as camisetas que fixen sobre o acordeón ou o tamboril.



Espero que vos gusten:)

miércoles, 22 de agosto de 2012

Gaita e pandeireta

Ata  agora nada máis que publiquei camisetas con mozas e mozos vestidos con distintos traxes tradicionais galegos. Pero hoxe vou vós ensinar algunha camiseta que fixen  sobre os instrumentos que considero máis importantes para a nosa cultura galega, como son a gaita e a pandeireta.
Espero que vos gusten.

Agora estou traballando facendo un tambor e un acordeón que nos proximos días subirei as fotos ó blog.

martes, 14 de agosto de 2012

Encargo de camisetas

Se che gusta algún modelo dos subidos ata agora  no blog, pódelo encargar a través do blog deixando un comentario na camiseta que che guste ou mandando un correo a: agasallogalego@gmail.com.
Se pola contra os modelos que están expostos no blog non te acaban de convencer, por calquera motivo,  podes personalizalo ó teu gusto ou mandarme unha foto do teu traxe e encargareime de facer unha réplica, o máis aproximada posible.
O prezo de cada camiseta para adulto é de 20€.

MOZA CON COFIA

Outra opción de camiseta para moza pode ser esta.


A rapaza vai vestida con traxe de gala  que se compón de cofia, dengue, mantelo e saia vermella. É unha pequena representación do traxe tradicional das Mariñas.
Nesta ocasión está camiseta foi un encargo para agasallar á miña tía marta. Espero que vós guste!

lunes, 30 de julio de 2012

Camiseta rapaza de montaña

Aquí vos deixo outra camiseta para rapaza.


É unha moza ataviada cun traxe de montaña que consiste en camisa de liño, mantón de algodón imitando ó pano de cachemire, enagua de lá virxe, saia de feltro marrón e mandil de liño con puntilla de camariñas. O seu cabelo vai peiteado cun moño e como aderezos leva un colar con pedras vermellas, imitando ó coral.
Nesta ocasión esta camiseta é para a miña prima Estefanía que hoxe esta de aniversario, Felicidades!

martes, 10 de julio de 2012

Moza de montaña

Nesta ocasión cambiei o traxe tradicional de gala polo de montaña. Os materiais utilizados para esta camisetas son o liño, a lá virxe, lá de calefacción, algodón estampado e feltro. Esta camiseta regaleilla á miña amiga Arantxa.
Aquí vos deixo unhas imaxes.