lunes, 30 de julio de 2012

Camiseta rapaza de montaña

Aquí vos deixo outra camiseta para rapaza.


É unha moza ataviada cun traxe de montaña que consiste en camisa de liño, mantón de algodón imitando ó pano de cachemire, enagua de lá virxe, saia de feltro marrón e mandil de liño con puntilla de camariñas. O seu cabelo vai peiteado cun moño e como aderezos leva un colar con pedras vermellas, imitando ó coral.
Nesta ocasión esta camiseta é para a miña prima Estefanía que hoxe esta de aniversario, Felicidades!

martes, 10 de julio de 2012

Moza de montaña

Nesta ocasión cambiei o traxe tradicional de gala polo de montaña. Os materiais utilizados para esta camisetas son o liño, a lá virxe, lá de calefacción, algodón estampado e feltro. Esta camiseta regaleilla á miña amiga Arantxa.
Aquí vos deixo unhas imaxes.




Camiseta de mozo

A camiseta que vos vou ensinar agora fíxena fai uns meses para o meu mozo. É unha camiseta dun rapaz vestindo un traxe de gala tradicional.
Aquí vos deixo unhas fotos.


lunes, 9 de julio de 2012

A primeira camiseta que fixen

Deixovos unha fotos da primeira camiseta que fixen, que como vos comentaba antes, regaleilla a miña amiga Loly.

 

 

É unha moza galega vestindo un traxe tradiconal de gala.

BENVIDOS O MEU BLOG

BENVIDOS O MEU BLOG

Aquí comezará unha nova andaina na miña vida, pero o mesmo unha prolongación do que levo facendo durante anos. Hai xa moito tempo empecei no mundo do folclore, un mundo no que me emerxín ó completo e do que cada vez, estou máis enganchada. Polo que se pode considerar este blog como unha prolongación deste amor pola cultura galega, pero é o mesmo tempo unha nova andaina porque nunca fixera antes o que estou a facer agora: coser. Para min isto, fai uns anos era misión imposible. Pero ala polo mes de decembro cando tocaba facer a cea de amigos/as de Nadal co seu correspondente amigo invisible e non sabía que regalar, decidín facerlle a miña amiga Loly, unha camiseta dunha moza galega. Causou tal furor que despois desa empecei a facer máis e máis, ata hoxe.
Moitas grazas a todas as persoas que me animastes a participar desta experiencia e poñer en marcha un novo proxecto na miña vida.