BENVIDOS O MEU BLOG
Aquí comezará unha nova andaina na miña vida, pero o mesmo unha prolongación do que levo facendo durante anos. Hai xa moito tempo empecei no mundo do folclore, un mundo no que me emerxín ó completo e do que cada vez, estou máis enganchada. Polo que se pode considerar este blog como unha prolongación deste amor pola cultura galega, pero é o mesmo tempo unha nova andaina porque nunca fixera antes o que estou a facer agora: coser. Para min isto, fai uns anos era misión imposible. Pero ala polo mes de decembro cando tocaba facer a cea de amigos/as de Nadal co seu correspondente amigo invisible e non sabía que regalar, decidín facerlle a miña amiga Loly, unha camiseta dunha moza galega. Causou tal furor que despois desa empecei a facer máis e máis, ata hoxe.
Moitas grazas a todas as persoas que me animastes a participar desta experiencia e poñer en marcha un novo proxecto na miña vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario